3.4.09

Idades


Este problema é máis un trabalinguas que un problema de Matemáticas, e é habitual nos libros de texto de 3º de E.S.O. para retar ás habilidades alxébricas dos alumnos. Se a primeira vez que o les quedas con cara de parvo, non temas, pois é o normal. Se segues con esa cara despois dun par de minutos, é o momento de preocuparse. Velaí o tedes:

Dille Carlos a Xurxo:
"A miña idade é o dobre da que ti tiñas cando eu tiña a que ti tes. E cando ti teñas a idade que eu teño, teremos entre os dous 63 anos"

Sinxelo, non? Pois a ver quen é o máis rápido a este lado do Sil.

Lembrando o que falamos en 2ºA, póñovos o enlace ao vídeo do Wario que, como comprenderedes, neste blog non se podería ver. Se non vedes nada estraño no vídeo, é que tedes moi alta a seguridade do navegador.

E o que vos comentei sobre o April's Fools Day (o día dos inocentes anglosaxón) está aquí:

Super Smash Brawl Gore Mode: On

Veña, pasádeo ben nas vacacións, pero non demasiado. Aqueles que teñades algún problema cos exercicios propostos na aula, podedes deixar por aquí un comentario e seguramente non tardarei en contestar.

1 comentarios: