15.10.09

Non sei como titular este post

Pois trata varios temas:

En primeiro lugar, o xogo de Google "La Aventura del Universo", no que só hai que instalar o gadget que vén na páxina e o Google Earth, se non o tedes xa. No xogo tedes que contestar 20 preguntas para comprobar o voso coñecemento sobre o Universo.

En segundo lugar, e volvendo a un tema recorrente na ciencia ficción, este vídeo dunha montaxe en Liverpool na que a xente pasa a formar parte dunha realidade máis grande que a habitual.


Hand from Above from Chris O'Shea on Vimeo.






Hoxe en día creo que é un pouco arcaico xogar ás chapas de xeito "analóxico", así que vouvos indicar o enlace (sobre a imaxe) para xogar on line:


E nada máis por hoxe, abur!

0 comentarios:

Publicar un comentario