14.12.09

Exames sobrenaturais

En día tan sinalado como este, e despois de ver os exames dos meus alumnos (que non son os que dan título a este post), non podía deixar pasar a ocasión de colgar isto:



epic fail pictures
see more Epic Fails


A algún alumno meu seguro que lle viña ben a axuda dun destes Pokemon de vez en cando nos exames. Pero un animal real de verdade pode facer o choio nun exame de física:






A explicación chegoume á alma: O obxecto non continuará o movemento porque hai un elefante no seu camiño!


Ei! Que día era hoxe? Creo que algo me dixeron os alumnos, non estou seguro...

A canción que me acae ben hoxe a min mesmo é a seguinte dos Specials (un pouco de ska nunca vén mal).A este grupo moita xente o coñece pola canción Ghost Town, que apareceu no 2004 na banda sonora da película Zombies Party (tradución moi pobre do título Shaun of the Dead), e tamén por A Message to you Rudy, que seguro que vos lembra a algún anuncio de coches da televisión. Pero hoxe é día para Too Much Too Young:


0 comentarios:

Publicar un comentario