29.5.17

Outro problema da Friendly Competition


Se os puntos P, Q e R poden moverse libremente nos lados BC, AD e CD, respectivamente, observades algún invariante nesta figura?

É mellor que movades vós os puntos, se utilizades o botón de geogebra, o movemento estará sincronizado.Tamén podedes mover os vértices libres do paralelogramo.




En realidade a pista é xa practicamente a solución.


Vin este problema no libro A Friendly Mathematics Competition. 35 years of teamwork in Indiana. A primeira vez que souben desta competición, pensei que 'friendly' faría referencia á dificultade dos problemas. Estaba trabucado: hainos ben complicados. O termo refírese ao ambiente de compañeirismo que se tentou desde o comezo, en 1966, que se vivise entre os participantes das distintas facultades de Indiana.

E atopei de novo o problema cando estaba a remexer no disco duro para a entrada Libros. Haberá unha solución vía o Teorema das Alfombras?

0 comentarios:

Publicar un comentario