2.2.09

Un problema de cofres.

Entramos noutro tipo de problemas clásicos de lóxica: os problemas nos que, con certos datos sobre a veracidade dunhas frases, hai que saber quen mente e quen di a verdade.
Este problema que propoño hoxe ten como base o personaxe de Porcia na obra de Shakespeare "O mercader de Venecia". Porcia amosáballes aos seus pretendentes tres cofres: un de ouro, un de prata e un de chumbo, e advertíaos de que escollería ao home que escollera o cofre co seu retrato no interior.
Ben, supoñamos agora que os cofres tivesen unhas inscricións:











Sabemos que só unha inscrición di a verdade. Onde está o retrato?
Nesta ocasión non chega que poñades a solución, tedes que razoala.E por se sae fume do voso cerebro, déixovos un xogo. A ver se sodes quen de pechar ao gato no Chat Noir

5 comentarios:

  1. o retrato esta no de plata por que o de ouro non pode ser porque se dixera a verade o de chumbo diria mentira e non e asi e o de chumbo di a verdade que o de ouro non ten o retrato enton por descalificacion e por que sabemos q o de chumbo di a verdade e o de plata non pode dicir a verdade o de plata e o que cnten o retrato
    resposta cofre de plata

    ResponderEliminar
  2. Sólo es correcta la frase del plomo, es el único caso en el que si es correcto los otros mienten:
    Si estuviera en el de oro, el de plata también es correcto, no vale.
    Si es correcto el de plata entonces tambien es correcto el de plomo por lo tanto solo estando correcto el de plomo los otros minten ya que no esta en el de oro y si en el de plata.
    está en el de plata. Cts

    ResponderEliminar
  3. Cts: Perfecto razoamento.
    Ángela: Estaba a esperar un anaco a ver se mellorabas o comentario, pois tal e como está( sen signos de puntuación, téntao ler en voz alta) resulta máis difícil de entender. Non é unha crítica, en realidade creo que razoaches ben, simplemente non acabo de estar seguro.

    ResponderEliminar
  4. esta no de chumbo porque ningun di que nese non esta

    ResponderEliminar
  5. Álvaro: liches os anteriores comentarios? Pois entón...

    ResponderEliminar