5.10.09

De bo humor

Isto é o que sucede cando un pon un exame de castigo porque unha clase leva un comportamento contrario á aprendizaxe, e van os alumnos e obteñen unhas notas tremendas. Tamén quedas un pouco con cara de parvo, pensando: como é posible? Pero se nin sequera puiden explicar!
Por outro lado, como a eses alumnos tamén lles dera en 1º de E.S.O., tamén podo pensar: expliquei dun xeito tan fenomenal o ano pasado que xa non fixo falta volver explicar.

En fin, reflexións que non levan a ningures.

Un problema para hoxe martes, que moitos quizais coñezades xa:

Con 8 oitos, facendo as combinacións que queirades con eles e as operacións +,-,x,:, (tamén podedes usar parénteses, chegar ao número 1000.

E como acabo de ver que hoxe é o aniversario do Monty Python's Flying Circus en Neatorama, non podía pasar sen colgar algo deles:


0 comentarios:

Publicar un comentario